Sentencia real · falta de transparencia · primera instancia
Sentencia 00056/2026 de Vigo: nulidad por falta de transparencia de línea de crèdito revolving de Cofidis
| Nº de sentencia | 00056/2026 |
|---|---|
| Órgano | Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Civil 4 |
| Ciudad | Vigo |
| Fecha | 12 de febrero de 2026 |
| Procedimiento | Procedimiento Ordinario 0001191/2023 |
| Entidad | Cofidis |
| Vía de nulidad | Otra |
El juzgado obliga a Cofidis e Investcapital a anular el contrato de tarjeta revolving porque no informaron adecuadamente al cliente sobre los riesgos del sistema de amortización y el coste real de la deuda, ocultando la verdadera carga económica. Se condena a la entidad cesionaria a restituir las cantidades cobradas en exceso, compensando los créditos resultantes de la recíproca restitución.
«Estimo la demanda contra Investcapital y declaro la nulidad por no superar el control de transparencia del contrato de tarjeta de crédito de 2018, ordenando la compensación de los créditos resultantes de la recíproca restitución de las cantidades abonadas, con imposición de costas a la demandada.»
Fallo de la sentencia 00056/2026, Tribunal de Instancia de Vigo, Sección Civil 4
¿Te suena esta situación? Podemos revisar tu caso sin compromiso.
Consulta gratuitaLeer el texto íntegro de la sentencia
PLAZA Nº 4 DE LA SECCION CIVIL DEL TRIBUNAL DE INSTANCIA VIGO
SENTENCIA: 00056/2026
RÚA PADRE FEIJÓO, 1-9ª 36204 CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO Teléfono: 986 817841/2/3, Fax: 986817844 Correo electrónico: civil4.vigo@xustiza.gal Equipo/usuario: EQ4 Modelo: N04390 SENTENCIA DE TEXTO LIBRE ART 447 LEC
N.I.G.: ████████████████
ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0001191/2023
Procedimiento origen: ORD PROCEDIMIENTO ORDINARIO 0000891/2023
Sobre RESTO.ACCIO.INDV.CONDIC.GNRLS.CONTRATACION
DEMANDANTE D/ña. ████████████████ Procurador/a Sr/a. ████████████████ Abogado/a Sr/a. ████████████████
DEMANDADO, DEMANDADO D/ña. INVESTCAPITAL LTD, COFIDIS Procurador/a Sr/a. ████████████████, ████████████████ Abogado/a Sr/a.,
SENTENCIA Nº 56/2026
Vigo, 12 de febreiro de 2026.
Vistos por min, ████████████████, Maxistrado titular da praza número 4 da Sección Civil do Tribunal de Instancia de Vigo, os presentes autos de Xuízo Ordinario que co número 1191/2023 séguense a instancia de ████████████████, representada pola procuradora ████████████████ e dirixida polo letrado ████████████████, contra de COFIDIS, SA, SUCURSAL EN ESPAÑA, representada polo procurador ████████████████ e dirixida polo letrado ████████████████, e contra de INVESTCAPITAL, LTD, representada pola procuradora ████████████████ e dirixida pola letrada ████████████████, os cales teñen por obxecto unha acción de nulidade.
ANTECEDENTES DE FEITO
PRIMEIRO. Por medio de escrito de 3 de setembro de 2023, a procuradora ████████████████ interpuxo, en nome e representación de ████████████████, demanda de xuízo ordinario contra de COFIDIS, SA, SUCURSAL EN ESPAÑA, na que, con base nos feitos e fundamentos de dereito que tivo por conveniente alegar, remataba pedindo que fose ditada sentencia pola cal: “1.-Se declare la nulidad del contrato de tarjeta de crédito suscrito entre nuestro representado y la entidad demandada, por el carácter usurario de las condiciones generales contenidas en dicho contrato que establecían: §el interés mensual para el fraccionamiento de pago. §la comisión por reclamación de posiciones deudoras. §El interés anual para compras. §Seguro de protección de pagos. Por lo que, con carácter principal, que se declare la nulidad del crédito, contrato, suscrito con la entidad demandada (DOCUMENTO nº 1), con las consecuencias previstas en el art. 3 de la Ley de Represión de la Usura, esto es, el prestatario estará obligado a entregar sólo la suma recibida, debiendo la entidad demandada imputar el pago de todas las cantidades satisfechas por conceptos diferentes al importe prestado, es el caso de los intereses, comisiones y seguros que se hubieran cobrado, a minorar la deuda y, en caso de resultar sobrante, devolverlo al actor, cuantía a determinar en ejecución de Sentencia, con el interés legal desde la fecha en que se detrajeron dichas cantidades de la cuenta del actor hasta sentencia-subsidiariamente desde la reclamación hasta Sentencia-y, desde ésta, el interés moratorio hasta completo pago. Todo ello con expresa imposición de las costas. En consecuencia, se condene a la demandada, como consecuencia legal inherente a la declaración de nulidad por existencia de usura, de conformidad con el artículo 3 de la LRU, a abonar a la parte actora las cuantías que excedan del total del capital que le haya prestado, tomando en cuenta el total de lo ya recibido por todos los conceptos cargados y percibidos al margen de dicho capital y que ya hayan sido abonados por el demandante, con ocasión del citado documento o contrato, especialmente las cantidades cobradas por los conceptos de comisión por disposición de efectivo, intereses, comisión por reclamación de cuota impagada y cuotas de seguros asociados a la tarjeta de crédito, según se determine en ejecución de Sentencia, aportando para su correcta determinación todas las liquidaciones y extractos mensuales de la tarjeta de crédito completos y correlativos remitidos al cliente desde la fecha de suscripción del contrato hasta la última liquidación practicada, todo ello con el correspondiente interés legal desde el momento de su pago e incrementado en dos puntos desde el dictado de la sentencia, en virtud del artículo 576 de la LEC; y 3) Se condene a la demandada al pago de las costas de este proceso. Para el caso de que no se entienda que el contrato es nulo por establecer un interés usurario, con carácter subsidiario: 1.-Se declare LA NULIDAD POR ABUSIVIDAD POR FALTA DE TRANSPARENCIA Y POR NO SUPERAR EL CONTROL DE INCORPORACIÓN como condiciones generales de contratación de la cláusula relativa a la fijación del tipo de interés remuneratorio (interés mensual), seguro de protección de pagos, de la cláusula relativa, a la comisión por posiciones deudoras del crédito, suscrito con la entidad demandada (Documentos nº 1), y en consecuencia, se tengan por no puestas, y, subsidiariamente, su nulidad y que se tengan por no puestas por abusivas las cláusulas relativas al interés de demora, remuneratorio y comisión por reclamación de posiciones deudoras. 2.-Que se condene a la entidad demandada a estar y pasar por dicha declaración y las elimine del contrato, dejando subsistente el resto del contrato. 3.-Que, como consecuencia de lo anterior, se condene ala entidad demandada a imputar le pago de todos los intereses y comisiones que se hubieran cobrado en virtud de la aplicación de las cláusulas declaradas nulas a minorar la deuda y, en caso de resultar sobrante, devolverlo al actor, cuantía a determinar en ejecución de Sentencia, con el interés legal desde la fecha en que se detrajeron dichas cantidades de la cuenta del actor hasta su determinación. 4.-Se condene a la demandada al abono de las costas causadas y que se causen en este procedimiento”.
████████████████ ████████████████
SEGUNDO. Dirixida a demanda ao Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra, o Xulgado número 2 desa clase de Pontevedra decretou a súa falta de competencia territorial mediante auto de 31 de outubro de 2023 e acordou inhibirse a prol do Xulgado da mesma clase de Vigo.
TERCEIRO. Remitidas as actuacións a este Xulgado, foi admitida a trámite a demanda mediante decreto de 6 de xuño de 2024, acordándose nel a súa substanciación polos trámites do xuízo ordinario e o seu traslado á parte demandada, para que contestase á demanda no prazo de 20 días.
████████████████ ████████████████
CUARTO. Mediante auto de 12 de febreiro de 2025 acordouse integrar a litis, chamando como litisconsorte pasivo necesario a INVESTCAPITAL, LTD.
QUINTO. COFIDIS contestou a demanda a medio de escrito de 19 de febreiro de 2025, solicitando que ditase sentencia rexeitando as peticións da actora, con expresa imposición de custas.
INVESTCAPITAL contestou a demanda a medio de escrito de 21 de maio de 2025, formulando oposición e esgrimindo, asemade, a excepción de litispendencia e cousa xulgada.
SEXTO. Mediante dilixencia de ordenación de 22 de maio de 2025 tívose por contestada a demanda por parte da demandada. Na mesma resolución acordouse convocar ás partes para a celebración da audiencia previa, con sinalamento de data ao efecto.
SÉTIMO. O día 8 de outubro de 2025 tivo lugar a celebración da audiencia previa, á que concorreron tanto o actor coma a demandada, representados por procurador e asistidos de letrado.
Ao comezo da vista, formularon ambas as dúas partes as súas alegacións sobre a concorrencia da excepción de litispendencia e a procedencia do seu arquivo, do xeito que figura nas actuacións, deixándose a cuestión pendente de resolver.
A audiencia previa continuou para as súas restantes finalidades, do xeito que figura nas actuacións.
OITAVO. Mediante auto de 4 de febreiro de 2026 veu rexeitarse a excepción de litispendencia e acordouse deixar os autos conclusos para ditar sentencia.
FUNDAMENTOS DE DEREITO
PRIMEIRO. Deduce a demandante, de xeito principal, pretensión de nulidade do contrato de tarxeta de crédito formalizado coa entidade demandada o día 5 de agosto de 2018.
Por entender que resultaba usurario, ao ter sido estipulado un tipo de xuro remuneratorio (24,51% TAE) que reputaba notablemente superior ao normal dos cartos. Todo elo consonte ás estatísticas publicadas polo Banco de España. E sen que fosen apreciables circunstancias excepcionais que xustificasen a estipulación dun xuro desproporcionado.
E tamén entendía, de xeito subsidiario, que non superaban algunhas das súas cláusulas o control de transparencia. En particular, as relativas ao xuro remuneratorio, ao seguro de protección de pagamentos e a comisión de reclamación de posicións debedoras. Cifrando o déficit informativo, ademais de nas dificultades de lectura e comprensión, polo tamaño da letra e o formato do documento, na falta de información sobre a operativa da tarxeta.
Especialmente á vista da limitada capacidade de amortización das cotas mensuais. E salientando, en particular, que nin sequera incorporaba o contrato información algunha sobre o importe a amortizar con cadansúa cota.
Concluía a demandante salientando que o efecto da declaración de nulidade pasaría por prescindir das cláusulas abusivas e pola imputación das cantidades cobradas en exceso, co seu xuro legal, á amortización da débeda, con abono, no seu caso, das cantidades sobrantes.
████████████████ ████████████████
Finalmente, de xeito igualmente subsidiario, entendía que habería de ser declarada a nulidade da cláusula relativa á comisión de devolución, con reintegro das cantidades aboadas por tal concepto, co seu xuro legal.
Dirixida inicialmente a demanda contra de COFIDIS, promoveu a mesma a chamada ao procedemento de INVESTCAPITAL, á que lle tería cedido o crédito derivado o mesmo mediante contrato de 7 de maio de 2021. E como dita entidade foi traída ao procedemento como litisconsorte pasiva necesaria, a demandada continuou sendo parte no proceso, formulando oposición á demanda. Negando, en primeiro lugar, o pretendido carácter usurario do contrato. Pois, consonte á máis recente doutrina xurisprudencial, entendía que a súa comparación cos tipos medios estatísticos que publicaba o Banco de España revelaba que non viña superalos en máis de 6 puntos. E non deixaba de tratarse un tipo TEDR, que non incluía todos os gastos que si incorporaba a TAE.
Tamén desbotou o pretendido déficit de transparencia do contrato. A cuxo respecto puxo de manifesto, en primeiro lugar, que non podía cuestionarse a superación do control de incorporación, vistos os termos nos que figuraba redactado o contrato, con letra de tamaño axeitado ás máis recentes modificacións normativas, e con emprego da negriña e indicación en cadros dos tipos aplicables no propio anverso do documento.
E tamén entendía superado o control de transparencia relativo á comprensión da carga económica do contrato. Por incluír a TAE e máis o TIN e exemplos representativos de financiamento. Todo o cal resultou plenamente accesible á demandante ao momento da contratación. Ademais de ter disposto canais informativos que lle resultaban accesibles en todo momento.
Polo que respecta a INVESTCAPITAL, ademais de ter oposto a excepción de litispendencia e cousa xulgada-que xa foron obxecto de resolución, rexeitándoas-, veu cuestionar tamén a súa lexitimación pasiva, posto que, ao terse limitado a adquirir o crédito derivado do contrato, non se tería subrogado no mesmo. De tal xeito que, ao seu entender, a parte demandante debería facer valer as súas pretensións contra da orixinaria titular do crédito. E en ningún caso habería de alcanzarlle obriga algunha de reembolso de cantidades, xa que nada tería chegado percibir da demandante.
En canto á pretendida declaración de nulidade, veu coincidir coa entidade cedente do crédito en que o contrato, ao non exceder en máis de 6 puntos os tipos medios rexistrados nas estatísticas do Banco de España para este tipo de contratos, non podía ser reputado usurario.
E, polo que respectaba á transparencia, entendía que as previsións contractuais resultaban accesibles, lexibles e comprensibles. Mentres que a carga económica do contrato figuraba axeitadamente exposta no contrato. Opoñéndose tamén, asemade, á pretendida declaración de nulidade da comisión de reclamación.
SEGUNDO. Polo que respecta á cuestionada lexitimación pasiva da entidade cesionaria, INVESTCAPITAL, non semella, á vista do contrato de cesión asinado con COFIDIS, que tivera outro alcance có propio dunha cesión de créditos. De tal xeito que non podería concluírse que tivera realmente operado a subrogación da entidade cesionaria en todos os dereitos, obrigas e responsabilidades derivados do contrato de autos. Como tería ocorrido en caso de cesión do contrato. No que, a non dubidalo, dificilmente podería ser cuestionada a exclusiva lexitimación pasiva da entidade cesionaria respecto de calquera pretensión de nulidade referida ao contrato cedido.
De todos os xeitos, a diferenza da cesión de créditos, a cesión dun contrato viría precisar do consentimento do debedor cedido. Sendo así que, polo que respecta ao caso de autos, non quedou constancia de que tivera sido recabado o consentimento da debedora cedida para a cesión. De aí que non caiba outorgarlle a aquela cesión, aparentemente, outra eficacia cá propia dunha cesión de créditos. Suposto no que non faltarían exemplos de pronunciamentos xudiciais que, poñendo o acento, precisamente, na súa diferenciación conceptual coa cesión de contratos, rematarían proclamando a exclusiva lexitimación pasiva da entidade cedente.
A SAP de Madrid, Sección 13ª, de 16 de xuño de 2021 (EDJ 2021/687723), por exemplo, salientaba que “la cesión de crédito otorga al cesionario todas los derechos para legitimarle en la reclamación del crédito cedido, pero la relación contractual persiste con el cedente, de tal forma que el deudor, al cual no se la ha notificado la cesión del crédito, puede pagar al cedente, quedando liberado aun después de la cesión, y por lo tanto también puede oponer cualquier incumplimiento del contrato”. De tal xeito que, tras poñer o acento na falta de notificación da cesión ao debedor, viña concluír que “no podemos apreciar la falta de legitimidad pasiva, ni tampoco el litis consorcio pasivo necesario, toda vez que con la cesión de crédito el cesionario queda legitimado para hacer valer en su nombre el crédito del que el cedente sigue siendo el único titular”.
Á mesma conclusión chegan tamén as SSAP de Madrid, Sección 8ª, de 25 de setembro de 2020 (EDJ 2020/758175), a da Coruña, Sección 3ª, de 6 de xullo de 2021 (EDJ 2021/670299) e a de Badaxoz, Sección 3ª, de 18 de outubro de 2021 (EDJ 2021/790530).
Pola contra, a SAP de Barcelona, Sección 17ª, de 1 de febreiro de 2021 (EDJ 2021/505995), admite a lexitimación pasiva de cesionaria, “sin perjuicio de las acciones que la cesionaria pueda ejercitar contra la cedente para quedar indemne frente a esas reclamaciones, conforme a lo previsto en el contrato celebrado entre ambas entidades”.
A SAP de Almería, Sección 1ª, de 26 de maio de 2020 (EDJ 2020/739984) tamén admite a lexitimación pasiva de entidade cesionaria. E a SAP de Madrid, Sección 9ª, de 25 de maio de 2020 (EDJ 2020/598970), incluso semella admitir a súa lexitimación para a restitución dos importes cobrados en exceso pola entidade cedente.
A STS do Pleno de 24 de xaneiro de 2024 (EDJ 2024/502038), finalmente, tivo ocasión de clarificar a cuestión, e aínda que non deixou de salientar os diferentes efectos da cesión de contrato e da cesión de créditos, puxo o acento en que, precisamente por tratarse dunha cesión de créditos, que non tería sido consentida polo debedor cedido, non necesariamente habería de resultar ineficaz como consecuencia da declaración de nulidade do contrato cedido: “una cosa es que la novación no sane o subsane la nulidad del contrato y otra distinta que, como consecuencia de la nulidad del contrato del que deriva el crédito cedido, sea nula la cesión. De hecho, el efecto previsto en el art. 1529 CC en caso de inexistencia (nulidad) del crédito cedido es la responsabilidad del cedente frente al cesionario, una acción de saneamiento”.
Por iso mesmo non deixou de recoñecerlle tamén lexitimación pasiva ao cesionario do crédito cando o debedor cedido viña pretender, como no caso de autos, a declaración de nulidade do contrato. A fin de contas, “de cara al 'deudor cedido', lo relevante es que puede oponer la nulidad del contrato y sus efectos frente al cesionario del crédito. Y así nos hemos pronunciado en ocasiones anteriores. La jurisprudencia, contenida en la sentencia 768/2021 de 3 noviembre, reconoce al deudor la facultad de oponer al cesionario todas las excepciones que tuviere contra el cedente”.
Por tal motivo, invocada a nulidade do contrato cedido, haberían tamén de alcanzarlle ao cesionario os efectos da súa eventual declaración, como actual titular do crédito. De tal xeito que, de quedar reducida a obriga do debedor a aboar a diferenza entre o capital recibido e os pagamentos efectuados, non só podería facela valer o debedor fronte ao cesionario, senón que tamén podería este reclamar o capital pendente de abono.
████████████████ ████████████████
Pola contra, se por ter aboado maior importe có capital recibido, resultara un saldo favorable ao prestameiro, podería quedar xustificada entón a chamada ao proceso do acredor cedente, “si con ello se pretende garantizar un eventual derecho a la devolución de la diferencia a favor del prestatario. Lo contrario afectaría al principio de no empeoramiento del deudor en caso de cesión del crédito”.
Así as cousas, non ofrecendo a menor dúbida que sempre contaría a entidade cesionaria con lexitimación pasiva (pois non deixaría de tratarse da actual titular dun crédito, que, en definitiva, podería verse reducido ou sen contido como consecuencia da eventual declaración de nulidade), tampouco ofrecería dúbidas a da entidade cedente se como consecuencia da declaración de nulidade viñera resultar un saldo favorable ao debedor que a obrigara a reembolsar cantidades xa cobradas.
E tamén resultaría difícil desbotala a “priori” se non tivera sido posible determinar, á data da formulación da demanda, se, alén da declaración de nulidade, habería de resultar ou non un saldo favorable a prol da demandante. Sendo dita incerteza a que podería xustificar, precisamente, a chamada do cesionario como litisconsorte pasivo necesario.
Sen embargo, aínda aquela liquidación tamén podería constituír obxecto de controversia e verse necesitada de proba, o certo é que, tendo feito achega a propia demandante dunha liquidación coa súa demanda, pode apreciarse que o saldo resultante da diferenza entre as cantidades dispostas (3.697 euros) e as pagadas pola demandante (1.836,25 euros), non determinaría crédito ningún a prol dela. De tal xeito que, en tales condicións, cabería proclamar a falta de lexitimación pasiva da orixinaria titular do crédito. Pois, ademais de poder facer valer fronte á cesionaria a nulidade do contrato do que derivaba o crédito cedido, nada tería que reclamarlle á cedente en caso de eventual declaración de nulidade. De aí que viñera folgar a súa chamada ao proceso. Que nin sequera podería xustificarse so pretexto de non ser coñecedora a demandante da cesión do crédito a prol de INVESTCAPITAL. Posto que tampouco deixou de achegar coa demanda a resposta que COFIDIS tería efectuado á súa previa reclamación extraxudicial, poñendo no seu coñecemento, precisamente, que tivera procedido a ceder o crédito a aqueloutra entidade.
TERCEIRO. Depurada, xa que logo, a lexitimación pasiva, cómpre entrar no fondo da controversia, comezando pola pretendida declaración de nulidade por razón de usura. A cuxo respecto pode apreciarse que tivo sido estipulado un tipo de xuro remuneratorio no contrato do 22,12% TIN (24,51% TAE). De tal xeito que a controversia non podería ter outro alcance có de determinar, ao abeiro do establecido no art. 1 LRU, se podería ser cualificado o contrato de usurario, por ser aquel tipo notablemente superior ao normal dos cartos. E, non mediando actualmente dúbida algunha de que a comparación habería de ser establecida cos tipos medios aplicables ás tarxetas de crédito que publicaba o Banco de España á data da formalización do contrato (STS do Pleno de 4 de marzo de 2020 EDJ 2020/512653), pode apreciarse, á vista das táboas estatísticas do Banco de España achegadas coa demanda, que o tipo medio estatístico aplicable a esta modalidade crediticia no ano 2018 era do 19,98%. O cal habería de dificultar a proclama do seu carácter usurario, ao abeiro da doutrina xurisprudencial exposta na STS do Pleno de 15 de febreiro de 2023 (EDJ 2023/513138).
Dita STS veu clarificar definitivamente o que debería entenderse por xuro “notablemente superior” ao normal dos cartos aos efectos do control de usura, superando anteriores pronunciamentos, que non semellaron exceder da concreta censura (ou non) do tipo estipulado no concreto contrato ao que viña referido cadanseu proceso. E viña concluír, tras reparar nalgúns dos seus propios antecedentes xurisprudenciais, que “en la medida en que el criterio que vamos a establecer lo es sólo para un tipo de contratos, los de tarjeta de crédito en la modalidad revolving, en los que hasta ahora el interés medio se ha situado por encima del 15%, por lo argumentado en la citada sentencia 149/2020, de 4 de marzo, consideramos más adecuado seguir el criterio de que la diferencia entre el tipo medio de mercado y el convenido sea superior a 6 puntos porcentuales”.
Reiterado este mesmo criterio en posteriores pronunciamentos (óllense, por exemplo, as SSTS de 8 de novembro de 2023 EDJ 2023/745192, de 7 de novembro de 2023 EDJ 2023/745163, ou de 27 de outubro de 2023 EDJ 2023/729242, EDJ 2023/729272 e EDJ 2023/729330), sería cuestionable, xa que logo, reputar usurario o contrato de autos. Pois a súa TAE unicamente viría superar en 4,53 puntos o tipo medio de referencia. E nin sequera deixou de salientar a amentada STS do Pleno de 15 de febreiro de 2023 (EDJ 2023/513138) que a diferente natureza do tipo medio estatístico TEDR, respecto da TAE, habería de salvarse mediante o engadido de entre 20 ou 30 centésimas ao TEDR: “Lógicamente, la TAE, al agregar las comisiones, sería ligeramente superior (entre 20 y 30 centésimas, en los niveles de interés que nos movemos). Por lo que podemos partir de forma orientativa del índice de 2010 (19,32), con la corrección oportuna para adecuarlo a la TAE”.
Así as cousas, a plena homologación dos tipos a comparar evidenciaría que, no mellor dos casos, o de autos viría superar en 4,33 puntos o tipo de referencia. De tal xeito que, visto o claro sentido da doutrina xurisprudencial, non habería lugar a proclamar o seu pretendido carácter usurario.
CUARTO. Que non deba ser acollida a pretensión principal non quere dicir, sen embargo, que deba ser rexeitada a demanda. Pois si lle asistiría a razón á parte demandante cando viña poñer de manifesto o déficit de transparencia que acompañou a estipulación do contrato. E non tanto por non superaren as cláusulas relativas a xuro remuneratorio e amortización da débeda o control de incorporación. Pois, ademais de propiciar a sinatura electrónica do documento que resultara accesible a totalidade da documentación contractual, tampouco podería dicirse que resultara a mesma ilexible polo pequeno tamaño da letrada empregada, xa que o seu formato dixital permitiría sucesivas ampliacións de tamaño sen perda de calidade. Nin, tampouco, polo formato no que viñan redactadas as condicións particulares e xerais. Pois viñan figurar, en caracteres destacados, tanto as condicións económicas aplicables á inicial disposición de crédito, como ás eventualmente sucesivas. De tal xeito que dificilmente podería obxectar a demandante que non tivo acceso ás mesmas ou posibilidade de tomar coñecemento e axeitada comprensión delas.
Sen embargo, máis dúbidas ofrece a superación do control de transparencia propiamente dito. O que vén poñer o acento na comprensión de verdadeira carga económica do contrato. Que neste caso habería de quedar comprometida a falta dunha cumprida información verbo da totalidade das implicacións da operativa do crédito “revolving”, tendo en conta as cautelas que en orde á superación do control de transparencia viñeron finalmente establecer as SSTS de 30 de xaneiro de 2025 (EDJ 2025/502666 e 502667).
En efecto, tras constatar a última desas sentencias-á que irán referidas as citas sucesivas-, que o crédito “revolving” propiciaría o “riesgo de encadenarse a una deuda indefinida, que nunca se termina de pagar” (efecto bola de neve), entendía que resultaba dito risco da conxunción de varios factores: “el carácter indefinido o prorrogable automáticamente del crédito; el límite del crédito se va recomponiendo constantemente; el elevado tipo de interés; la escasa cuantía de las cuotas, bien porque han sido establecidas por defecto en el contrato, bien porque han sido elegidas por el consumidor por el atractivo de ser asumibles en el corto plazo pero que van acrecentando un problema que se hará cada vez más serio a largo plazo pues suponen que se amortice muy poco capital; y, en su caso, el anatocismo en caso de impago de alguna cuota, comisión o indemnización de modo que el interés de demora se calcula sobre la totalidad de la cantidad adeudada, incluyendo capital, intereses, indemnizaciones y comisiones”.
████████████████ ████████████████
Por tal motivo, entendía que a información a facilitar ao consumidor habería de abondar, “por su contenido, forma de expresión y ubicación en el documento”, no “funcionamiento concreto del mecanismo de recomposición del capital y su influencia en la liquidación de los intereses y en la amortización del capital dispuesto, especialmente en los supuestos de incremento notable del riesgo, ya indicados: cuando la cuota periódica de pago no es elevada pero sí lo es el tipo de interés; y cuando se produce un impago y la capitalización de los intereses y las comisiones devengadas prolonga indefinidamente el pago de la deuda porque las cuotas periódicas, que por defecto se fijan en una cuantía mínima, apenas amortizan capital”.
Ademais de permitirlle dita información comparar diversas ofertas, tamén habería de permitirlle ao consumidor reparar en “las características, los costes y los riesgos de las tres modalidades de financiación que por lo general son electivas, por más que en muchos casos se aplique, por defecto, la modalidad revolving. Porque la diferencia de la modalidad revolving con la modalidad de pago aplazado a fin de mes, sin intereses, puede ser fácil de comprender, pero no lo es tanto la diferencia entre la modalidad de pago aplazado, que es en realidad un préstamo al consumo, parecido a la compra a plazos, y la modalidad revolving”.
E, tras precisar que non habería de abondar, a tal efecto, coa mera consignación da TAE, concluía a que a información debería indicar “que el sistema de amortización es del tipo revolving; debe establecer cuál es la cuota mensual (bien en una cantidad determinada, bien en un porcentaje de la cantidad dispuesta); debe establecer cuál es la duración del contrato; debe indicar si, y en qué casos, el interés se devengará no solo respecto del capital dispuesto sino también respecto del total de la cantidad adeudada (incluyendo intereses, comisiones e indemnizaciones devengadas); y deberá contener unos ejemplos adecuados tanto para comprender los riesgos del sistema como para permitir la comparación con otras modalidades de amortización o con las ofertas de otras entidades financieras. Es preciso que la información incida sobre la forma en que esa elevada TAE opera en la propia economía del contrato, dada las particularidades del sistema de amortización y las demás cláusulas a que se ha hecho referencia. Y debe hacerlo de modo claro y comprensible, no de una forma dispersa a lo largo de un extenso documento y en términos poco expresivos de los riesgos del sistema de amortización revolving, como es el caso objeto de este recurso”.
QUINTO. Polo que respecta ao contrato de autos, aínda que contempla varias modalidades de reembolso na súa condición xeral 5, na medida na que virían implicar todas elas o aprazamento da débeda, con abono dos correspondentes xuros remuneratorios, non deixaría de responder á caracterización típica do crédito “revolving”. A fin de contas, alén da modalidade de pagamento mensual mediante cota fixa, característica de tal modalidade crediticia, non se aclara suficientemente as peculiaridades das outras modalidades de pagamento (o fraccionamento de operación específicas vén remitirse, sen maior precisión, “a las opciones de fraccionamento que Cofidis le ofrezca en cada momento; e as restantes modalidades de pagamento serían as que a entidade demandada “pueda, en cada momento, ofrecer a los titulares”).
Así a cousas, pode apreciarse que a modalidade de pagamento a crédito mediante a cal habería de operar por defecto a “cuenta permanente”, malia responder de xeito modélico ás características propias do crédito “revolving” (co establecemento dunha cota fixa mensual-cuxo importe mínimo, iso si, non se detalla-, e con reconstitución do crédito dispoñible tras cadanseu pagamento mensual), non viría ser expresamente denominada como tal. Asemade, vén ser establecida a liña de crédito cunha duración anual, pero susceptible de sucesivas prórrogas tácitas (que non liberaría ao debedor de continuar atendendo as débedas pendentes-condición xeral 13).
En canto ao tipo de xuro, figuran no anverso os que sería aplicables, oscilando entre unha TAE do 24,51% e do 10,95%, decrecente en función do volume do saldo pendente (menor canto maior fose o saldo). Sendo así que, ao non chegar superar o saldo os 6.000 euros, foron liquidados os xuros a un tipo do 1,84% mensual, que correspondería ao 22,12% TIN previsto no contrato (24,51% TAE).
Contemplándose tamén no contrato a capitalización dos xuros non satisfeitos (condición xeral 16), pode apreciarse que, liquidándose os xuros a tipos elevados, característicos do crédito “revolving”, viría propiciarse o risco do engrosamento da débeda como consecuencia do elevado volume dos xuros. Sendo así que, chegando alcanzar os xuros cantidades incluso superiores ao 50% da cota, chegaron deixar limitada a amortización mensual nalgún caso, tras aplicar parte da cota ao pagamento das primas do seguro, a menos do 25% do seu importe.
Pois ben, tratándose dun dos riscos característicos do crédito “revolving”, non podería dicirse, á vista do condicionado xeral, que tiveran sido observadas todas as esixencias informativas necesarias para entender superado o control de transparencia, consonte ao que vén de ser indicado no anterior fundamento de dereito.
Aínda que, como vén de ser indicado, si viña incorporar unha descrición teórica de operativa do crédito “revolving”, co establecemento dunha cota fixa mensual, a indicación da fórmula matemática para o cálculo dos xuros, ou a posibilidade de capitalizar os xuros vencidos e non satisfeitos, dificilmente sería viable vir en coñecemento do volume de endebedamento que aquela operativa habería de propiciar se, asemade, non viña incorporar o contrato exemplificación algunha sobre o financiamento a crédito baixo a devandita modalidade.
E pode apreciarse que o contrato de autos non viña incorporar exemplo algún que permitira a comparación coas outras modalidades de financiamento contempladas no propio contrato, ou, canda menos, a exposición dos riscos do sistema con exemplos de financiamento da débeda mediante cotas de diferente importe, con especial énfase no incremento da débeda en caso de optar polas cotas mensuais de menor importe. Sen que tan sequera houbera de cobrar relevancia, a este respecto, a disposición inicial a título de préstamo. E non só porque viñera referida a un importe diferente ao da primeira disposición efectivamente realizada (4.000 euros, en troques dos 3.250 euros finalmente dispostos), senón porque, malia tratarse un importe incluso superior ao que finalmente foi obxecto de sucesivas disposicións (que alcanzaron os 3.697 euros), non podería considerarse ilustrativo da carga económica que habería de afrontar a demandante. Pois, aínda que viña facerse indicación do importe (140 euros) e do número total de cotas mensuais (41), así como do volume total dos xuros a aboar (1.719,24 euros), non sería dito exemplo ilustrativo do volume da carga económica a soportar en caso de optar por cotas de menor importe. E pode apreciarse que, xusto tras a última disposición a crédito (que elevou o total disposto ata os indicados 3.697 euros), a cota veu reducirse ata os 104 euros mensuais. Que, asemade, viñan incluír una prima de seguro (cuxa contratación a partir daquel entón tampouco quedou acreditada). De tal xeito que, en realidade, nin sequera foi posible vir en coñecemento do número total de cotas nin da cantidade total que en concepto de xuros debería finalmente aboar a demandante para amortizar aquela débeda. E aínda que non deixaba de tratarse dunha información que non podería ofrecerse ao momento da contratación, é claro que, ao tratarse dunha continxencia doadamente previsible (polo propio carácter permanente da cota de crédito así aberta), si resultaba posible exemplificala con simulacións de diferentes escenarios de amortización da débeda mediante cotas de diferente importe. Información que, sen embargo, non alcanzaba a facilitar aquel único exemplo de financiamento incorporado no contrato.
Así as cousas, e como tampouco acreditou a parte demandada ter complementado a información precontractual por outro conduto, antes da sinatura do contrato (que sería o momento realmente determinante), non podería dicirse que o consumidor estivera en plena disposición, á data da formalización do contrato, de vir en coñecemento da carga económica que habería de enfrontar en caso de continuar financiándose mediante unha modalidade crediticia que lle permitía reconstituír o límite máximo do seu endebedamento tras cadansúa amortización.
En palabras da amentada STS de 30 de xaneiro de 2025 (EDJ 2025/502667), “no se trata solo de que el mayor aplazamiento generará mayores intereses, conocimiento que alcanza al consumidor medio; o que, por su propia naturaleza, no pueda fijarse ex ante el coste total del crédito ni establecer un cuadro de amortización. La duración indefinida o prorrogable del contrato de crédito revolving resulta relevante y ha de ser puesta en relación con el mecanismo de reconstitución de la deuda, especialmente si el contrato contempla la capitalización de los intereses y/o una cuota mínima por defecto de cuya incidencia en el coste del crédito es necesario advertir con suficiente claridad”.
Claramente aplicables estes mesmos argumentos ao contrato de autos, tampouco podería dicirse, xa que logo, que finalmente tivera permitido a información facilitada ao consumidor ao momento da contratación unha máis precisa caracterización e exposición dos riscos inherentes a esta modalidade contractual. E como habería de atenderse, precisamente, á información dispoñible antes da expresión do consentimento contractual, resultaría irrelevante toda a que con posterioridade, durante a vixencia do contrato, lle puidera ter sido facilitada ao consumidor. Se ben cabería precisar que, non adoitando figurar nos extractos mensuais máis información cá relativa ao importe do saldo pendente, así como o importe da correspondente cota mensual (con indicación, desde logo, dos correspondentes xuros), nada adoita indicarse sobre o número total de cotas pendentes de pagamento, nin sobre o importe total a aboar por xuros. Variables que, a non dubidalo, resultarán determinantes para vir en coñecemento da verdadeira carga económica do contrato, permitindo ao consumidor tomar preciso coñecemento dos riscos de continuar financiándose baixo dita modalidade e amortizando a súa débeda mediante cotas de reducido importe.
E debe quedar claro que o devandito déficit de transparencia conducirá a deixar sen efecto a totalidade do contrato. Sen que resulte viable limitarse a prescindir simplemente, dos xuros remuneratorios. Pois, aínda que o déficit de transparencia comprometería unha axeitada comprensión da operativa da cláusula que establece o xuro remuneratorio, non debería obviarse, dunha banda, a relevancia que o carácter oneroso da operación tería para a celebración do contrato por parte da entidade financeira; e, doutra, a que habería de cobrar para o consumidor a posibilidade de pagar a débeda mediante prazos de reducido importe.
Sendo así que, non habendo de imperar un enfoque subxectivo cando se trate de determinar a relevancia da cláusula nula para a subsistencia do contrato (STS de 11 de setembro de 2019 EDJ 2019/682995, con cita da STXUE de 15 de marzo de 2012, Perenicova), non debería perderse de vista que o déficit de transparencia non resulta do mero feito de ter sido estipulado un determinado tipo de xuro, senón da súa conxunción coa previsión de aprazamentos de reducido importe e moi limitada capacidade de amortización da débeda. O cal implicaría a mecánica esencial da tarxeta de crédito como medio de pagamento aprazado.
E se o carácter oneroso da operación viría cobrar singular relevancia para a súa posta en vigor desde o punto da vista da entidade financeira, non ofrece dúbida algunha que, desde o punto de vista do consumidor, houbo de cobrala a previsión de adiamentos de reducido importe. De tal xeito que se o déficit de transparencia vén quedar proxectado sobre a mecánica esencial do contrato de crédito, nin poderá entenderse que abonde con prescindir, simplemente, dos xuros remuneratorios, mantendo, sen embargo, o aprazamento da débeda, nin podería dicirse que viñera subsistir o fundamento para a celebración do contrato desde a perspectiva de ambas as dúas partes contratantes (indicaba a STXUE de 15 de marzo de 2012 Perenicova, acollendo a este respecto as conclusións do avogado xeral, que habería lugar a declarar a nulidade total do contrato “cuando pudiera darse por supuesto que el negocio no se habría realizado sin las cláusulas nulas conforme a la voluntad común real o hipotética de ambas partes porque la finalidad o la naturaleza jurídica del contrato ya no sean las mismas”).
Así as cousas, cumprirá declarar a nulidade do contrato. E, tratándose dun suposto de nulidade de pleno dereito (óllese a STS de 16 de outubro de 2017 EDJ 2017/215625; así como a actual redacción do art. 5.5 in fine da LCXC e do art. 83.II TRLXDCU), haberá de quedar sometida ás previsións do art. 1303 CC. De tal xeito que, ademais de impoñerse a recíproca restitución de prestacións, sen necesidade sequera de petición expresa (STS de 21 de xuño de 2011 EDJ 2011/146927), tampouco viría precisada de expresa petición o correspondente abono do xuro legal. Que non só lle sería de abono á parte demandante, senón que tamén habería a mesma de aboalo respecto das cantidades recibidas da entidade demandada. Sen prexuízo da eventual compensación dos seus respectivos créditos.
SEXTO. Polo que respecta ao pronunciamento relativo ás custas procesuais, o total acollemento da demanda respecto da entidade cesionaria, implicará que haxa de ser condenada a mesma ao seu abono (art. 394.1 LAC).
Polo que respecta ás pretensións deducidas contra da entidade cedente, aínda que, como fora indicado, veñen de ser rexeitadas, non por tal motivo se estima procedente efectuar pronunciamento condenatorio respecto da demandante. Pois, aínda que non podía ser descoñecedora a demandante, ao momento de formular a demanda, de que xa tivera sido cedido o crédito, e de que en ningún caso habería de resultarlle un saldo acredor favorable como consecuencia da declaración de nulidade que viña solicitar, non podería obviarse que, ao tempo de formular a demanda, non tivera sido aínda ditada a STS do Pleno de 24 de xaneiro de 2024 (EDJ 2024/502038), que foi a que veu clarificar a cuestión de lexitimación pasiva de cedente e cesionaria nos supostos de cesión de crédito. De tal xeito que, podendo reputarse dubidosa a cuestión ao tempo de formular a demanda, non habería motivo para facer da súa conta as custas ocasionadas pola chamada ao proceso da entidade cedente (que non tivera cedido o contrato, senón, unicamente, o crédito del resultante).
FALLO
ACOLLO A DEMANDA interposta por ████████████████ contra de INVESTCAPTAL, LTD, facendo, en consecuencia, os seguintes pronunciamentos:
1º. Sen que haxa lugar a declarar a nulidade por razón de usura, declaro a nulidade, por non superar o control de transparencia, do contrato estipulado o 5 de agosto de 2018 entre a demandante e COFIDIS, SA, SUCURSAL EN ESPAÑA, de tal xeito que haberá lugar á compensación dos créditos que resulten da recíproca restitución das cantidades que tiveran sido respectivamente aboadas en cumprimento do contrato e máis do seu correspondente xuro legal.
2º. Condeno a INVESTCAPITAL, LTD a aboar as custas procesuais.
REXEITO A DEMANDA formulada por ████████████████ contra de COFIDIS, SA, SUCURSAL EN ESPAÑA, sen que haxa lugar a efectuar os pronunciamentos contra dela interesados, absolvéndoa da demanda. Sen que haxa lugar a efectuar pronunciamento condenatorio en materia de custas procesuais.
Notifíquese esta sentencia ás partes, ás que se lle fará saber que a mesma non é firme e que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días.
Así o acordo, mando e asino.
La difusión del texto de esta resolución a partes no interesadas en el proceso en el que ha sido dictada sólo podrá llevarse a cabo previa disociación de los datos de carácter personal que los mismos contuvieran y con pleno respeto al derecho a la intimidad, a los derechos de las personas que requieran un especial deber de tutelar o a la garantía del anonimato de las víctimas o perjudicados, cuando proceda.
Los datos personales incluidos en esta resolución no podrán ser cedidos, ni comunicados con fines contrarios a las leyes.
████████████████ ████████████████
Documento anonimizado por LaCarpeta.es a partir de la resolución judicial original, con disociación de datos de carácter personal conforme a los arts. 235 bis y 236 quinquies LOPJ. No sustituye a la resolución oficial y no puede utilizarse como documento probatorio en otro procedimiento.
Si ves algún dato confidencial que no debería estar aquí, avísanos por favor a info [at] lacarpeta [punto] es.
¿Tarjeta Cofidis? Vamos a verlo juntos
Seguramente también puedes reclamar. Cuéntanos tu caso y te lo confirmamos gratis y sin compromiso.
Consulta gratuita WhatsApp